A DEMOGRAFÍA RURAL A DEBATE EN BROLLÓN

A pérdida da poboación nos concellos do sur de Lugo constitúe unha problemática endémica, que comeza a tratarse en foros de debate abertos pola importancia da cuestión no futuro destes territorios. Recentemente, o Concello da Pobra do Brollón organizou unha xornada sobre as problemáticas sociais no ámbito rural, na procura da concienciación social sobre o avellantamento da poboación na comarca. Un centenar de persoas acudiron a esta xornada que tivo lugar no Centro Olga Novo. Sete especialistas de toda Galicia, en diversas disciplinas como a socioloxía, a enfermería e a xerontoloxía, abordaron cuestións relacionadas con este problema demográfico e a calidade de asistencia da poboación maior na comarca. Rematadas as ponencias, deuse paso a unha participativa mesa redonda aberta ó público.
Beatriz Díaz, traballadora social do Concello de Quiroga, explicou tódolos recursos sociais dirixidos ó colectivo de maiores contemplado no Sistema Galego de Atención á Dependencia. O director da residencia Geriatros de Chantada, José Manuel Solla comentou o funcionamento da residencia do Morín, que vai dar servizo a toda a zona sur de Lugo. Solla falou de 180 prazas públicas para persoas dependentes, con prezos que irán en función da capacidade económica do usuario, un programa individualizado para cada paciente e un acceso preferente a persoas que conten cun grado 2 e 3 de dependencia. Tamén adiantou que contará cun centro de día para persoas con alzheimer. Inmaculada Figueroa, directora do Centro de Día da Pobra do Brollón, explicou o funcionamento deste centro, que conta con 40 prazas cubertas na súa totalidade, e a súa dinámica diaria con especialistas en diversas disciplinas no coidado do paciente. Asimesmo, salientou que ó centro de día da Pobra poden acudir persoas doutros concellos limítrofes como Bóveda e Monforte.
Á xornada acudiron moitos coidadores de persoas dependentes que están a percibir axudas públicas, auxiliares de axuda no fogar contratados nos concellos da comarca, e tamén persoas maiores de 65 anos que están a beneficiarse dalgún recurso público. Segundo Laura Estrada, traballadora social no Concello da Pobra, a xornada «resultou moi satisfactoria porque moitos participantes sentíronse identificados cos síntomas que describían os poñentes durante o cuidado diario do paciente», e salientou «a potenciación dos recursos de atención no medio rural». O alcalde da Pobra do Brollón, José Luis Maceda, tamén fixo unha valoración moi positiva da xornada «cun elenco de poñentes de calidade, que puxeron de manifesto a grave situación demográfica que estamos a padecer». O rexedor municipal salientou datos representativos do municipio como que as persoas maiores de 85 anos representan o 10 % da poboación de Brollón, e só contan con tres nenos de 0 a 4 anos. O finanzamento e a inauguración da xornada correu a cargo da Vicepresidencia Terceira da Deputación, que dirixe Mª Xosé Vega.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novos pasos para a instalación de Pacadar en Monforte

Seguinte Nova

Movemento na corporación chantadina coa marcha de Dora Gómez do goberno local do PSOE

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss