A última fin de semana de novembro comezaron os Mercados de Monforte, unha nova iniciativa municipal para dinamizar o comercio da cidade, organizada polo Concello de Monforte en colaboración co CCU, que terá continuidade durante o mes de decembro, mediante a que se pretende dinamizar o comercio local cunha serie de mercados específicos que se desenvolven na Praza de España. En total son catro mercados de diferente temática: os complementos, estreado a pasada semana de novembro, a decoración de Nadal, do 3 ó 8 de decembro, os produtos agroecolóxicos, do 10 ó 12 de decembro, e o regalo de Nadal, do 16 ó 24 de decembro. Cada mercado consta de 9 stands cun modelo de casetas de madeira acordes co casco histórico. Sobre a primeira fin de semana de actividade, Germán Vázquez, presidente do Centro Comercial Urbano, salientou que a afluencia de público “foi bastante inferior á prevista, xa que a difusión da actividade foi baixa e precipitada, e tamén polo mal tempo”. A pesar de todo, a directiva do colectivo comercial sinalou a súa satisfacción pola resposta favorable dos asociados ó CCU na primeira edición, e a continuidade da iniciativa que consideran positiva “para a difusión turístico-comercial de Monforte como referente a nivel autonómico”. Os comerciantes asociados esperan que os Mercados sexan incluidos no novo proxecto municipal da Praza de Abastos.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Pantón será o promotor do obradoiro de emprego Ricra VIII, unha das 17
Taller de prototipado. Sacra Experience, Pincelo Chantada
O Concello de Monforte, informou da adxudicación da obra de construción do novo aparcadoiro no Polígono
Wedway, operador ferroviario do grupo MSC, comeza a operar, xerando emprego para cinco operarios locais A
A industria pesqueira galega expándese con éxito en feiras internacionais As empresas galegas do sector pesqueiro