Convocatoria Premio Fiz Vergara

O Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos convocan estes días o XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Segundo as bases do certame, as obras presentadas deben estar escritas en lingua galega. A extensión mínima é de 400 versos. Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame, os traballos presentaranse por quintuplicado, mecanografados a dous espazos e baixo plica.

Antes do 31 de xaneiro

Enviaranse por correo certificado ao seguinte enderezo: XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, Concello de Sarria, Rúa Maior 14, 27600 Sarria, antes do 31 de xaneiro do 2010. Asimesmo, establécese un único premio indivisible dotado con 6.000 euros, suxeito á normativa fiscal vixente. O xurado estará composto por persoas de prestixio no mundo da creación ou a crítica literaria. Actuarán como Secretaria a Presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos e como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, os dous con voz e sen voto. A decisión do xurado será dada a coñecer no primeiro trimestre do 2011. A obra premiada será propiedade do seu autor, agás a primeira edición que será publicada pola Editorial Espiral Maior.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga Aberto o prazo para participar no concurso de postais de Nadal

Seguinte Nova

A Conselleira de Traballo e Benestar visitou Quiroga para alabar o traballo municipal de integración

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss