Descontos no balneario para os veciños de O Saviñao

Imagen del Balneario de Augasantas en Pantón.

A finais do mes de novembro, a xunta directiva da Asociación veciñal de O Saviñao acadou un acordo coa dirección do  complexo balneario de Augasantas que facilitará o uso das súas instalacións polos veciños desta localidade. Este acordo, que segue as liñas dos establecidos con anterioridade entre o balneario de Pantón e os concellos de Monforte, Chantada, Sober e Pantón, supón un desconto dun 20% no importe dos servizos de tratamentos e estancia, así como dun 10% na tarifa dos baños.

Os usuarios que desexen acollerse a estes beneficios, deberán acreditar a residencia en O Saviñao mediante certificado de empadroamento expedido polo concello..

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O BNG pregunta á Xunta sobre a finalidade das novas vivendas do rehabilitado Hotel Comercio

Seguinte Nova

Sarria pon en marcha talleres culturais para nenos e adultos

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

A %d blogueros les gusta esto: