Movemento na corporación chantadina coa marcha de Dora Gómez do goberno local do PSOE

María Amadora Gómez Álvarez, de vermello, durante o pleno no que formalizou a renuncia o pasado 25 de novembro EC

A nova estes días en Chantada pasa pola minoría na que quedará o goberno bipartito local tra-la renuncia da concelleira socialista Dora Gómez feita efectiva o pasado xoves durante o Pleno.

O desentendemento cos compañeiros do PSOE á hora de xestionar a súa área e a falta de comunicación levou á concelleira de Cultura a tomar a decisión de continuar na corporación pasando ao grupo dos non adscritos.

Descartada unha posible moción de censura, segundo as palabras que no propio pleno pronunciaron os restantes compañeiros do grupo de non adscritos ex membros do PP, encabezados por Manuel Lorenzo Varela, Dora Gómez afirmou, pola súa parte, a súa intención de conservar o seu asento xunto ao grupo de goberno.

 A concelleira non parece ser quen impida levar adiante as decisións plenarias dos seus ex compañeiros, tal e como manifestou  durante o pleno, votando en consonacia . Sen embargo abstívose, facendo uso da súa nova situación de independente, na votación a favor dun incremento económico para a recentemente creada, non sen certa polémica, Casa da Música. A nova figura substitúe  á escola municipal e ten implicado cambios na xestión e no personal.

Durante o pleno, o mandatario local, agradeceu a laboura de Dora Gómez e lamentou os recortes efectuados na área que dirixía, algo que segundo a propia concelleira non ten nada que ver coa súa renuncia. Por outra parte, o PSOE lamentaba un día antes a través dun comunicado de prensa, a decisión tomada pola edila e pediulle que renuncie á súa acta “en coherencia” coa súa decisión “ e por respecto  aos votantes”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A DEMOGRAFÍA RURAL A DEBATE EN BROLLÓN

Seguinte Nova

Feijóo destaca a tarefa de implantación de internet na Galicia interior

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: