Preparativos da nova edición do concurso de tapas en Sarria

Tapa gañadora do primeiro premio na categoría Innovadora da pasada edición

Estes días comeza a cuarta edición do Tapicheo de Sarria. Nas datas do 3,4,5,6 e 7 de decembro poderase disfrutar na vila sarriana dunha oferta hosteleira variada en relación á degustación de tapas. Nesta edición participan 31 establecementos, un máis que o ano pasado, onde se obtivo, segundo os hostaleiros participantes, unha gran afluencia de público, que esperan repetir de novo, a pesares da crise. Os establecementos que participan no Tapicheo deste ano son Camping Vila de Sarria, O Camiño LH, Il Fiorinno, O Chanto, Bar Atlántico, Mesón Terras de Sarria, Hotel NH Alfonso IX, Mesón Roberto, Cafetería Next, Taberna da Pili, Salento, Cervecería Puzzle, Cafetería La Polar, Sidrería La Española, Don Pepe, Xuxu Lounge Bar, 8 MM, Poleiro, Kronos, Bartolo, Café de París, Adaxa, Central, IBC, DPont, Vilas, Andión, Dezasete, KM 111, Anduriñas e Mesón O Tapas.

A carne, a máis demandada

Nesta edición a maioría das tapas presentan a carne como ingrediente básico, con diferentes tipos e presentacións. Segundo Begoña Rodríguez e Rosalba Ortega, xerentes do Camping Vila de Sarria, establecemento que participou en tódalas edicións do concurso, o consumidor sarrián decántase en moitos casos por pratos no que o ingrediente principal é a carne. De feito, as dúas hostaleiras gañaron na pasada edición o primeiro premio na categoría Innovadora cunha tapa de carne de canguro. Rodríguez e Ortega apostar por unha carne diferente “que tivo moi boa acollida, a pesares de que tiñamos dúbidas por tratarse dun produto de consumo pouco frecuente”. No establecemento sarrián consumíronse finalmente 968 tapas deste tipo durante o concurso. Ante o éxito da iniciativa, este ano a tapa do concurso que servirán será a base de carne de avestruz, “para que a xente siga a probar carnes novas”, sinala Begoña Rodríguez. En xeral, os hostaleiros que xa participaron en anteriores edicións  manifestaron o seu apoio á iniciativa municipal, e nesta edición hai unha colaboración plena entre Concello e hostaleiros para poñer en marcha a iniciativa. Moitos deles sinalan que o concurso vai evolucionando máis en cada edición, en relación á presentación e calidade das tapas. Este ano, ademáis, incrementouse o número de lotes para o sorteo, e o premio principal é unha viaxe de sete días para dúas persoas en réxime de pensión completa a Tenerife. Os hostaleiros manifestaron que esta aposta forte por esta iniciativa municipal teña de novo a repercusión de pasadas edicións, xa  que “move moita xente e consegue atraer a un público de fora da comarca e incluso de fora da provincia. O sector hostaleiro de Sarria tamén agarda que estas actuacións dinamizadoras continúen desenvolvéndose en máis vilas da provincia.

Feira Artesanal do Mel

Outra das opcións gastronómicas que ofrece o mes de decembro en Sarria, é a proposta da Asociación Provincial Lucense de Apicultores, que organiza a Feira Artesanal do Mel de Sarria. A cita gastronómica terá lugar o 5 de decembro, en horario de 10:00 h a 18:00h na Casa da Cultura de Sarria.Os prezos dos envases de mel oscilarán entre os 6,50, de un quilo, e de 4, para os de medio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Feijóo destaca a tarefa de implantación de internet na Galicia interior

Seguinte Nova

La CEL congregó en el Parador a instituciones y a medio centenar de empresarios en un debate sobre el Puerto Seco

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: