Quiroga Aberto o prazo para participar no concurso de postais de Nadal

 

Imagen del Concello de Quiroga

A Área de Educación Social do Concello de Quiroga organiza unha nova edición do concurso de postais de Nadal. Nel poden participar todos os rapaces en idade escolar cun máximo de tres postais, coa temática do Nadal. A medida das postais será de medio folio de tamaño A4. Os datos do autor, dirección e teléfono deberán presentarse no reverso das postais. Haberá tres categorías, de 3 a 6 anos, de 7 a 9 anos, e de 10 a 12 anos, e tres premios para cada unha. Os traballos pódense enviar por correo ou entregalos na Casa de Cultura de Quiroga ou na Oficina de Información Xuvenil do Concello ata o 13 de decembro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lois Pereiro: homenaxe dos centros escolares a través do concurso-exposición das Letras Galegas

Seguinte Nova

Convocatoria Premio Fiz Vergara

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: