Dende o Centro Comercial Urbano de Sarria están a preparar este Nadal unha campaña moi semellante á de anos anteriores. Deste xeito, tal e como indicou o seu presidente, José Manuel Cerviño, “estase a coordinar coma sempre a iluminación das principais rúas, ademáis de facer unha campaña promocional cun sorteo de vales de compra”.
Tratase dun sorteo que se celebrará o vindeiro 11 de xaneiro seguindo o mecanismo de sempre. Primeiro, realízanse as compras nos mercados e tendas asociadas, onde se reparte unha papeleta que se cubre co nome e apelidos e o número de teléfono do comprador. A partir deste momento recóllense para xuntalas e realizar o sorteo o día correspondente.
En total son 15 vales, cinco de 100 euros e dez de 50 euros. O obxectivo é que despois tamén se gasten nos comercios locais para fomentar as compras.
Non deixa de ser esta unha campaña que se leva organizando moitos anos, polo que tal e como relata Cerviño “hai xente que xa preguntou se este ano non se repartían vales”. “De momento está a dar bos resultados e por eso continuamos con ela”, engadiu.
E en canto ao alumeado, o presidente do CCU explicou que o Concello encárgase unicamente do que é o suminstro, o gasto de corrente.
TENDENCIAS PARA ESTE NADAL
Durante esta época do ano a xente tende a facer máis compras en todas as tendas, e na maioría dos casos facendo caso ás últimas tendencias, ben sexan de moda, calzado, perruqería, etc. Neste senso, en calzao por exemplo nas rúas de Sarria están a reinar as botas por encima da rodilla, pero tamén se empezan a mercar zapatos de festa con vistas á celebración de fin de ano. Ainda así, sempre queda algún que se decanta polo calzado cómodo e práctico, as botas de toda a vida que non meten a auga.
En canto a moda, para muller o que máis se está a vender este Nadal son os vestidos, pero tamén abrigos, plumíferos e chaquetóns. Outra das tendencias que están a observar os comerciantes son as camisolas con ‘leggins’, así como toda aquela prenda que sexa de punto, pero longa. Sen embargo, para fin de ano os veciños de Sarria están a demandar prendas sinxelas e cómodas que sirvan para poñer en calquera outra ocasión e non só en Nadal.
Pola súa parte, nas perrruquerías, un servizo demanadado en gran parte polas mulleres, o que se pode ver en Sarria son os peiteados de ondas e moitos recollidos, pero sobre todo, recollidos feitos con trenzas. Ademáis disto volven as melenas un pouco máis longas.
Xa por último, entre as tendencias máis destacadas para os regalos atopamos os perfumes e a bisutería, iso sí, os homes miran menos os prezos.