Nova imaxe para a céntrica rúa

As obras de remodelación da rúa Calvo Sotelo, que contaron cunha inversión de preto de un millón e medio de euros, foron inauguradas a semana pasada en Sarria. Segundo explicou o alcalde, Claudio Garrido “se ha cambiado y transformado la calle más importante de Sarria, una calle muy comercial que ahora cuenta también con un mobiliario urbano más moderno y una parte peatonal”. As obras afectaron ao tramo comprendido entre a estación e o cruce de A Ciguñeira.

Os traballos de remodelación comezaron no mes de xullo do ano pasado. Nunha primeira fase acometeuse a renovación de servizos dende a estación de tren ata Catro Camiños.

A segunda parte do proxecto afectou ao tramo que vai dende este último cruce ata A Ciguñeira.

Trala remodelación a rúa Calvo Sotelo conta cunha parte peonil, beirarrúas máis anchas e un único carril de circulación para os vehículos.

Os traballos foron financiados con 900.000 euros por parte da Xunta de Galicia, mentres que para sufragar o resto o Concello contou con un crédito de 77.000 euros e unha subvención de 300.000 da Consellería de Industria.

Obras na piscina

Asimesmo, o pasado venres firmouse na Deputación de Lugo unha concesión de preto de 500.000 euros para acometer unha serie de obras na piscina municipal.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CONCELLO DE SARRIA É RECOÑECIDO COMO MUNICIPIO TURÍSTICO

Seguinte Nova

O Concello de Monforte remata o ano á espera do novo modelo de limpeza

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: