O alcalde de Monforte aposta pola xerencia profesional en colectivos locais

O Concello de Monforte baralla a idea de implantar un modelo de xerencia en distintos colectivos que queiran poñerse a funcionar, como por exemplo o da praza de abastos. A idea en sí non consiste en habilitar unha xerencia externa. “Eu o que fago é unha reflexión non só con respecto á praza de abastos, senon con respecto a calquera colectivo profesional que queira funcionar”, explicou o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez. “Nos tempos que corren e ca competencia que existe, se un colectivo como pode ser neste caso o CCU quere funcionar, pois ten que ter un xerente como o que ten, porque fai falla unha persoa profesional que se encarge desas cousas”, insistiu o alcalde.

Neste senso, explicou que a situación da praza de abastos é un caso moi semellante. “Se nós queremos abordar unha dinámica de potenciar os mercados en Monforte, e que eses mercados se celebren na praza de abastos para levar o maior número de xente á praza, consideramos que eso debe de ser a través dunha persoa, ben sexa a xornada completa ou media xornada, pero en calquera caso un profesional que se encargue de dinamizar eso”.

Máxima colaboración

Para isto, dende o Concello ofreceron toda a súa colaboración, pero o que non farán será contratar a unha persoa. “Se se chega a unha conclusión entre todos, nós tamén colaboraremos para poñer ao frente a alguén con capacidade para dinamizar, pero nós non imos contratar a nadie” indicou.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte remata o ano á espera do novo modelo de limpeza

Seguinte Nova

Gañadores doVII Certame Escolar Conde de Lemos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: