O Concello de Monforte remata o ano á espera do novo modelo de limpeza

Severino Rodríguez non marca ningunha data para a retirada dos colectores pero fai un balance positivo dos primeiros pasos desta nova xestión

A implantación do novo sistema de limpeza en Monforte, que traerá consigo a retirada dos colectores, non poderá levarse a cabo finalmente antes de que remate o ano. O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, insistiu na necesidade dun cambio de modelo de xestión e explicou que se vai a retrasar porque a empresa encargada de levalo a cabo precisa de certa maquinaria que so poderá empezar a pedir cando se lle adxudique o servizo.“O que se plantexa é unha reforma total de toda a maquinaria, porque ao ser un modelo de xestión distinto, a maquinaria é distinta. No momento en que se lle adxudique o servizo será entón cando a empresa encargue a contratación desa ferramenta que tan pronto como esté feita comezará a aplicarse”, indicou. Mentres tanto a empresa xa comezou a prestar os seus servizos co modelo de xestión anterior.

“A verdade é que a valoración que nós temos, e que me consta que teñen a inmensa maioría dos cidadáns é que: por un lado o servizo mellorou moito, e por outro lado os traballadores están organizados, contentos e adaptándose á nova empresa e á nova maneira de entender a limpeza da cidade”, engadiu o alcalde. Severino Rodríguez insistiu en que agora só queda esperar a que chegue a maquinaria, pero “ao mesmo tempo xa se notou unha mellora importante na limpeza diaria, polo que eu fago un balance positivo. E digoo porque é o que estou recollendo nas impresións dos cidadáns, representantes de colectivos e demáis”, asegurou. Finalmente, o alcalde monfortino tamén quixo incidir no feito de que o importante era “quitar da memoria a experiencia tan mala que se tivo coa anterior empresa”. En canto ás datas de aplicación, dende o Concello ainda non poden precisar cando terá lugar a implantación. “Non me atrevo a dicir ningunha data, non sei se vai a ser dentro dun mes ou dentro de dous. A min o que verdadeiramente me tranquiliza é que o servizo mellorou e que polo tanto a decisión que tomamos con esta nova empresa foi acertada, xa que a cidade esta máis limpa e ese era o obxectivo final”, concluiu.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova imaxe para a céntrica rúa

Seguinte Nova

O alcalde de Monforte aposta pola xerencia profesional en colectivos locais

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: