Actividades de Nadal para todos os gustos en Quiroga

O concello de Quiroga conta para este nadal cun programa cheo de actividades e unha ampla oferta cultural, que dan comezo co circuito termal de ocio e saúde do balneario de Augas Santas, no que colabora a Deputación Provincial.

Pola súa parte, celebrouse xa un concurso de postais para nenos en idade escolar, así como un certame de poesía infantil. E houbo tamén un concurso de decoración navideña e bingos especiais de nadal. Asimesmo, o pasado día 17 Papa Noel visitou o telecentro de Quiroga, e o día 18 celebrouse un concerto de nadal no auditorio municipal que contou coa actuación dun grupo de gaitas, outro de danza e da coral polifónica de Quiroga. Aproveitando a ocasión entregáronse tamén os premios de todos os certames organizados polo concello.

A todo isto sumáronse algún que outro baile de nadal con merenda e brindis.

Para o vindeiro xoves 23 está prevista unha obra de teatro infantil a cargo da Compañía do Trinke-Trinke, e para os máis maiores un campionato de mus no pub Tict-Tac a partir das once da noite.

O días 26 celebrarase un baile de nadal, organizado polo centro social, e tamén o IX Torneo Internacional Cidade de Lugo, coa participación das Escolas Deportivas Municipais.

A maiores de todo isto, ata final de mes celebraránse máis bailes de nadal e distintos campionatos tanto de fútbol sala, como de futbolín ou cricket, sen esquecer a ludoteca de nadal.

En canto ao mes de xaneiro, o día 5 celebrarase a tradicional cabalgata de reis e tamén está previsto un campionato de futbolín. Xa para rematar, os días 11 e 12 de xaneiro organizaranse varios obradoiros do programa de dinamización lingüística.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Produtores e recolectores de aceite de Quiroga prevén chegar aos 30.000 litros nesta campaña

Seguinte Nova

Poesía para repasar a historia de Amárgama

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: