Actuacións de danza, villancicos e pandeiretas para recibir aos Reis Magos en Bóveda

No Concello de Bóveda as actividades de Nadal deron comezo onte, día 21, con un taller de contacontos para os máis cativos. Trátase dunha alternativa de ocio para estas datas encadrada dentro do programa Letras Vivas, Animación da Consellería de Cultura e Turismo, que tivo lugar ás cinco e media da tarde na casa da cultura.

Para hoxe, día 22 está prevista a actuación de fin de curso dos escolares do CEIP Rosalía de Castro, mediante a representación dunha obra de teatro que tamén terá lugar na Casa da Cultura.

Ainda que a representación teatral vai ter lugar neste local, a obra enmárcase dentro do festival de nadal que todos os anos organiza o colexio para os pais dos pequenos.

A maiores desta actuación, no centro educativo disfrutarán dunha xornada lúdico-festiva como despedida de fin de curso antes das vacacións de Nadal.

Por outra parte, e tal e como ocorre na maior parte dos concellos, o día grande será a véspera de Reis. Deste xeito, o día 5 de xaneiro chegará a cabalgata de Reis directamente á casa de cultura. Por segundo ano consecutivo non haberá un percorrido previo senon que as súas maxestades trasladaránse directamente ás instalación municipais para presenciar unha serie de actuacións e posteriormente proceder á entrega de regalos. A súa chegada está prevista para as cinco da tarde.

Ditas actuacións veñen da man dun grupo de danza, formado por vinte nenos e que actuarán en primeiro lugar, seguido de outro de villancicos, tamén formado por outros tantos rapaces, e por último un obradoiro de pandeiretas integrado por mulleres. Tratase dos grupos que semanalmente ensaian na casa da cultura.

Unha vez rematadas as actuacións, as súas maxestades de Oriente comezarán co reparto de regalos a todos os cativos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Samuel Juárez apoia en Bóveda a creación de novos espazos forestais

Seguinte Nova

O Saviñao contará con residencia pública para maiores

Últimas noticias sobre CULTURA

     
A %d blogueros les gusta esto: