O Nadal está xa de cheo en todas partes, e no caso do concello de Monforte tanto as rúas como as prazas contan coa súa correspondente iluminación. Este ano dende o Centro Comercial Urbano, e tras reunirse co Concello, tomaron a decisión de poñer eles o alumeado nalgunhas das rúas máis comercias, mentres que o Concello encargouse de prazas e lugares públicos.
A intención do CCU é a de fomentar as compras na cidade acompañando as rúas cun alumeado peculiar, chamativo e que invite a sair, contando para iso coa colaboración dos asociados nas rúas nas que se instalaron as luces.
Pola súa parte, Iluminaciones Fernández foi a empresa escollida polo CCU para colocar o alumeado, unha empresa monfortina coa que se quixo dar exemplo de compra no mercado local.
Neste senso o comité do Centro Comercial Urbano valorou as posibilidades tras ver varios catálogos e decidiuse por un modelo de alumeado ao que se lle fixeron pequenos cambios nas luces para que sexa exclusivo de Monforte e orixinal.
Finalmente, dende o CCU quixeron agradecer a colaboración prestada á Deputación de Lugo Vicepresidencia, á Dirección Xeral de Comercio e tamén ao Concello de Monforte que se encarga de pagar o consumo do alumeado.
Por outra parte, quixeron amosarse un pouco máis críticos en relación á Cámara de Comercio, xa que tal e como indicou Germán Vázquez, xerente do CCU, “non conta con ningún tipo de representación en toda a zona sur de Lugo”. Deste xeito, como medida reivindicativa, dende o centro comercial están a informar a comerciantes e asociados de que non é obrigatorio abonar as cotas da Cámara.
“A intención é que deixen de pagalas e facer un pouquiño de presión. Toda a zona sur de Lugo está absolutamente discriminada, porque non nos deixan opinar, de feito, no comité executivo non hai ninguén desta zona, e iso a pesar de que conta con máis de vinte persoas”, engadiu Vázquez.
Con esta medida, dende o CCU entenden que serán numerosos os asociados da zona que deixarán de abonar as súas cotas, ao mesmo tempo que a Cámara de Comercio entenderá “que non están facendo as cousas correctamente”.
NON ASOCIADOS QUE COLABORARON CO ALUMEADO DO CCU
Rúa Hortas: El Cantón, Ross Pely, Óptica Nova, Cacharriños, Lavandería Anduriña, Informática Breogán, Mestizaje, Boutique AJ, Peluquería Lydia e Peluquería Guedellos. Galerías Fontecha: Loterías, Peluquería Luly e Estudio T. Feijoo y Quiroga. Rúa do Cardenal: Mariam, Estanco Cardenal, Peluquería Lara, Dory, Miss Tic, Cafetería Lienzo, Nova Fogar, Zapatería Dos, O Zapatazo, Orange, Inmobiliaria Jara, Farmacia Del Puente, Peluquería Glamour. Rúa Roberto Baamonde: Gadis, Bar Mario, Peluquería Hilda, Café Gran Sol, Vodafone, Pekechos, Lencería Danube, Ferretería Cancela, Farmacia Vázquez Pérez, Comercial Agrobicas, Don Zapato, Los Telares. Avenida de Galicia: Super Zhow, Caprichos, Basic, Breogán e Otzi. Rúa Hermida Balado: Inmobiliaria Saviñao, Ozono, Xampan, El Aguar del Pescador, Berta Hogar.Rúa Julio
ASOCIADOS E BANCOS QUE COLABORARON CO ALUMEADO DO CCU
Tamén é preciso destacar que todos os asociados do Centro Comercial Urbano das rúas Hortas, Roberto Baamonde, Cardenal, Hermida Balado, Inés de Castro, Comercio, Julio Camba, Avenida de Galicia, Chantada e Galerías Fontecha colaboraron coa iluminación de Nadal.
En canto ás entidades bancarias colaboradoras atópanse entre elas os bancos e caixas de aforros: Caixanova e Caixa Galicia, Caixa Rural, LaCaixa, BBVA e Banco Pastor.