Éxito rotundo na II Cea Gala do Comercio asociado

Na mesa da esquerda personalidades políticas como María Xosé Vega Buján e Raquel Arias. Na dereita, o alcalde de Monforte e os representantes do CCU contemplan un video dos homenaxeados. EC

O Centro Comercial Urbano de Monforte celebrou o pasado 3 de decembro a súa segunda Cea Gala do Comercio asociado, coa asistencia dun total de 217 persoas. A ausencia máis destacada a da Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro, que non puido chegar a tempo debido á folga de controladores. Pola súa parte, entre as autoridades, persoeiros políticos como o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, a vicepresidenta terceira da Deputación de Lugo, María Xosé Vega Buján, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias e numerosos representantes da política local como os socialistas José Tomé e Jaime Vázquez, e o popular Manuel Eiriz.

A edición anterior, con 179 participantes xa supuxo todo un éxito que este ano foi ainda máis notable. I é que o salón comedor para os convidados quedouse pequeno para acoller a todos os asistentes.

Representantes da política local, nas fotografías superiores, estiveron atentos á emotiva entrega de premios dos homenaxeados, uns homenaxeados que recibiron unha particular peza de Gundivós e que na maior parte dos casos acudiron a recoller os seus agasallos moi emocionados e por suposto entre aplausos. EC

Homenaxe para os presentes e tamén para os ausentes

Este ano a cea de gala do Centro Comercial contou con seis homenaxeados. Dous deles, asociados e recén falecidos, foron Frank Mora González, de Fraymar e F&M, e Julio González Vázquez, de Queserías Prado. Pola súa parte, como socio fundador e tamén falecido, homenaxeouse a Jesús Castro Rodríguez, de Salón del Mueble Monforte.

Pero houbo tempo tamén para unha mención a tres socios xubilados. Estes foron Jesús Moure Cabo, de Panadería Moure, María Madriñán Rodríguez, de Farmacia Madriñan e Arcadio Vila Díaz, de Fotografía Arcadio. Todos eles, presentes e familiares de ausentes agradeceron o seu recoñecemento. Deste xeito, tras unhas palabras de benvida por parte de organizadores e políticos, deuse paso a unha serie de videos comentados moi emotivos nos que se foi resumindo a traxectoria vital dos que este ano non puideron acudir á cea.

A cea de gala contou con máis de 200 invitados entre autoridades, políticos, asociados e familiares. Todos eles escoiraron os numerosos discuros que pronunciaron, entre outros, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez e o xerente do Centro Comercial Urbano, Germán Vázquez. Sen embargo un dos momentos máis emotivos foi a homenaxe a un dos falecidos, cando a súa viuva acudiu a recoller o galardón. Pero ademáis de agasallos para os protagonistas da noite tamén houbo un pequeno detalle para todas as mulleres que asistiron á cea, unha cea que posteriormente transcorreu moi animada e que contou con dobre motivo de celebración xa que coincidiu co encendido do alumenado de Nadal no centro de Monforte. EC

Apoio dos comerciantes a este tipo de iniciativas

Dende o Centro Comercial Urbano quixeron destacar o apoio da xente e dos comerciantes da vila a todas estas iniciativas. En palabras dos organizadores, o que máis lles chamou a atención foi a unión dos comerciantes, así como a colaboración prestada por outras entidades. Entre estas, quixeron amosar un agradecemento especial a Adegas Algueira, Bazar Lago, Red Informática e Cadena Ser Tv7.

E como todo saiu a pedir de boca, dende o CCU xa están a traballar na organización da vindeira cea, ainda que antes tocará traballar nos mercados de Monforte, despois na campaña de rebaixas e posteriormente sobre a nova lei de comercio, aspecto sobre o que incidiron e co que o Centro Comercial se amosará moi estricto no seu cumplimento. A isto hai que engadir que durante o seu discurso, o xerente do CCU, Germán Vázquez, prantexou reivindicacións como a de que a Cámara de Comercio de Lugo non se preocupa pola zonz sur da provincia.

Asimesmo, Vázquez agradecu á Xunta de Galicia, á Deputación de Lugo e o Concello de Monforte a súa colaboración con este colectivo e insistiu no feito de traballar con independenciadas cores políticas.

Pola súa parte, Raquel Arias apostou polo pequeno comercio e de proximidade como un sector fundamental e lembrou que en breve será aprobada a nova lei de comercio, que ademais de favorecer estes obxectivos, renovará unha lei actual obsoleta. Mentras tanto, o alcalde de Monforte non escatimou en eloxios para o traballo dos comerciantes, e defendeu a seriedade coa que sempre se traballou dende o Centro Comercial Urbano, ao mesmo tempo que felicitou aos seus integrantes por traballar polos seus proxectos e as súas ideas. En palabras súas, definiu ao CCU como “un exemplo a seguir”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

UN BELÉN CON MOITA VIDA EN RIBAS DO SIL

Seguinte Nova

Alumeado exclusivo e polémica para as rúas de Monforte

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss