Julia Rodríguez foi presentada recentemente como candidata do Partido Popular á alcaldía de Monforte, nun acto que contou coa presenza e o respaldo do presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo. A presentación oficial da abogada monfortina ante os militantes, simpatizantes e demais membros do partido tivo lugar no restaurante Don Manuel. Rodríguez, que é filla de Julia Barreira, quen foi concelleira do PP co ex alcalde Nazario Pin, asegura afrontar esta nova etapa con moita responsabilidade e ilusión.
¿Como afronta este novo reto de ser cabeza de lista nas vindeiras eleccións municipais?
Afronto esta nova etapa con moita responsabilidade por suposto. Hai que ter en conta que vou a ser a cabeza visible, así que se trata dunha tarefa a desenvolver con moita responsabilidade, pero tamén con moitísima ilusión e gañas de traballar polo futuro de Monforte.
Conta co respaldo do partido, pero tamén co apoio do presidente da Xunta de Galicia que asistiu á súa presentación como candidata.
Así é. Temos que agradecerlle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo a súa presenza neste acto. En momentos como os actuais de crise económica fai falla máis que nunca o seu respaldo, tanto polos seus compromisos como pola súa forma de traballo e xestión.
¿Como ve as perspectivas de futuro de cara as vindeiras eleccións?
Pensamos que tanto as perspectivas como as expectativas dentro do Partido Popular son bastante boas. De momento vamos a traballar por iso sabendo que somos moi positivos. Ademáis somos coñecedores de que contamos cun nicho de voto importante, tal e como veñen amosando os nosos votantes.
En canto ás posibilidades, eu creo que sí as hai e por iso mesmo vamos a traballar e a loitar.
¿Pódenos adiantar alguna promesa electoral ou compromiso a destacar?
Polo de agora non podemos adiantar nada. Estamos comezando, queda moito tempo e temos moito traballo por diante. O que sí teño claro é que vou a facer todo o que esté nas miñas mans para loitar pola mellora e o futuro de Monforte.
¿E as liñas principais que vai a seguir o seu programa? ¿Teñen xa definida como se vai a desenvolver a campaña?
De momento só podo adiantarlle que as liñas principais a seguir van a ser traballar, traballar e traballar. Polo demáis, a liña básica a día de hoxe ainda non está definida. Queda moito camino por percorrer e de momento estamos coa presentación da candidata. Hai que ter en conta que os demáis partidos ainda nin sequera fixeron público o seu candidato, polo que vamos a centrarnos nesta presentación e co paso dos días iremos perfilando os demais aspectos. En canto á campaña, temos unha folla de ruta elaborada cos primeiros pasos, pero teño que repetir que de momento non podemos adiantar nada.