Nova exposición da galería Sargadelos en Monforte de Roberto González

O pasado día 2 de decembro inaugurouse na galería Sargadelos de Monforte a exposición do artista local Roberto González Fernández, Holyrood 0809. Unha exposición que recolle unha serie de pinturas realizadas a principios dos anos 90. Ese día o temporal de neve impediu que o autor estivese presente na inauguración. Toda unha mágoa para el.

Roberto González Fernández, pintor monfortino

¿Que supuxo para vostede non poder acudir ao acto?

Foi toda unha pena, porque ademáis viaxei a propósito para poder estar presente, reencontrarme con vellos amigos da infancia e demais xente coñecida coa quería compartir ese momento. Pero foi unha mágoa. Viña con destino a A Coruña e xa nos desviaron a Oporto debido ás inclemencias do tempo, así que cando vin como estaban as estradas desistín de achegarme ata Monforte. Unha lástima.

En canto á exposición, ¿que podemos atopar na serie Holyrood 0809?

É como unha secuela da primeira serie, a principios dos anos 90 . Unha visión dunha serie de amigos que pasou por alí e quedaron impresionados coas paisaxes. Trátase dunha colección de “colages” dixitais, feitos grazas ás novas tecnoloxías. Nestas novas obras as figuras humanas desaparecen e pódense ver edificios que entón non existían e que agora forman parte da paisaxe.

¿Cal foi a inspiración?

Teño que dicir que para min a arte é o meu medio de expresión, xa sexan fotos, pinturas, o que sexa. Entón claro, todo é como unha secuencia, pero chegou un momento na miña vida no que as paisaxes, que antes non empregaba, se convertiron en algo moi especial para min. Esa foi a miña inspiración, e máis tendo en conta que se trata das paisaxes de Edimburgo, as vistas que eu teño dende a miña casa. É algo moi especial, xa se trata de sentimentos. Estaba canso de todo tipo de obras máis guerreiras polo que decidín achegarme a algo máis privado, máis íntimo, como entre amigos, e este foi o resultado.

¿Cales son as principais diferenzas coa outra serie?

En primeiro lugar consideroa como unha obra independente da anterior a pesar das moitas semellanzas. Foi realizada noutra época, con outra técnica, e para mín non é unha mera continuación do primeiro Holyrood, senon unha evolución. Por outra parte, pasou o tempo e a xente foise, quedando todo máis vacío, máis tranquilo. Esa é a principal diferenza; por decilo dalgunha maneira fóronse os personaxes.

As paisaxes podémolas ver nos cadros, pero con estas dúas series ¿quixo expresar algo máis?

Para min, a paisaxe é a representación dos sentimentos da persoa que a está contemplando.  Eses sentimentos son os que aparecen agora. Na primeira serie centreime máis nas persoas, agora na segunda céntrome nestas panorámicas. Trátase dunha perspectiva inmensa con vida propia.

Os cadros están á venda, ¿podemos decir que son asequibles?

Bueno, eu cando pinto ao óleo os prezos son bastante elevados, pero o bo é que ao tratarse agora dunha técnica dixital creo que son prezos bastante asequibles. A min o que me gusta é que a xente os vexa e poda compralos. E encima a técnica da gráfica dixital otorgoume unha liberdade que nunca antes me dera outra técnica, así que vamos, non a penso deixar.

Agora tocou Monforte, pero aparte da casa, ¿a exposición vai trasladarse a algún outro lugar?

Nun principio xa estivo en A Coruña, Santiago e Vigo. Agora o mes de xaneiro unha parte dela poderá verse en Lugo xunto con outras series.

¿En que outros proxectos anda inmerso?

Bueno, eu traballo continuamente. Así é que teño unha exposición permanente en Lugo, pero tamén teño exposicións en Alemania, en Maio tamén teño previsto outra en A Coruña, ou tamén no vindeiro mes de decembro en Santiago. Aparte disto conto con algunhas exposicións colectivas como en Madrid e moitos outros proxectos como o de San Sebastián en colaboración con outro fotógrafo. Un non parar contínuo por dicilo dalgunha maneira.

A exposición Holyrood 0809 pode visitarse na galería Sargadelos de Monforte ata o vindeiro 11 de xaneiro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Alumeado exclusivo e polémica para as rúas de Monforte

Seguinte Nova

O Concello de Chantada pechará a oficina de rehabilitación a finais de ano

Últimas noticias sobre CULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: