O concello de Pantón recibe as visitas de Juárez e Bao

Na fotografía superior Antón Bao, Vicepresidente da Deputación de Lugo, na súa visita a Pantón, e abaixo o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, saudando ao alcalde, José Luis Álvarez. X.G.

O Concello de Pantón recibiu días atrás a visita do conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, e tamén a do vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao. Acudiron a este municipio lugués por distintos motivos, o primeiro para visitar diversas obras enmarcadas dentro do Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM-2009), e o segundo para participar nun encontro de voluntariado da UPD.

Pola súa parte, Samule Juárez achegouse á parroquia de Eiré, onde se pretende acometer o proxecto de captación e bombeo de auga con enerxía solar para complementar o abastecemento de auga doutras parroquias. Segundo explicou o alcalde, José Luis Álvarez, o problema é que os veciños teñen moita auga en inverno pero no verán escasea, de ahí que finalmente se colocaran unhas placas solares como apoio.

O titular de Medio Rural desprazouse tamén a outros lugares onde se levará a cabo a mellora da capa de rodadura de varios camiños.

Álvarez agradeceu a visita do conselleiro e lembrou que foi este un dos responsables políticos que máis fixo polo concello de Pantón, xa que grazas a el, o municipio pasará a formar parte en breve da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Por outra banda, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, asistiu ao VI encontro provincial do voluntariado da UDP de Lugo, que se celebrou no salón de actos da casa sociocultural de Ferreira de Pantón.

Neste caso, Bao destacou “que é importante dar ás voluntarias e voluntarios o recoñecemento que merecen, xa que co seu traballo desinteresado axudan a moitas persoas que o precisan”. Mentres tanto, o alcalde de Pantón destacou a labor realizada pola terceira idade a través de entidades como as asociacións de xubilados, concluindo con que “os maiores tamén son voluntariado”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Dúas bibliotecas da provincia galardoadas co premio María Moliner

Seguinte Nova

Sesión científica no balneario de Augas Santas

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

 
A %d blogueros les gusta esto: