Os produtores de Quiroga atópanse estes días en plena campaña de vareo da aceituna para recoller este froito, unha campaña que comezou a principios do mes de decembro e está previsto que remate a finais deste mesmo mes. En Quiroga destaca a súa singular produción de aceite de oliva artesán, á que se adican de forma industrial un par de empresas, e numerosos recolectores que conforman toda a zona do Sil e que elaboran aceite para autoconsumo e para distribuir nas feiras da comarca.
Tal e como indicou o alcalde do concello, Julio Álvarez, trátase dunha produción, que este ano rondará os 30.000 litros, moi beneficiosa para o municipio. En primeiro lugar porque supón un aliciente ecolóxico debido á plantación e recuperación dos terreos, en segundo lugar debido ao compoñente turístico que leva implícito, xa que se trata do único sitio do noroeste peninsular onde se colleita aceite, e por último porque non deixa de supoñer un ingreso máis para os veciños.
Pola súa banda, produtores como Manuel Mondelo, de Aceiroga, prevén recoller para esta campaña arredor de 4.000 ou 5.000 kilos de aceitunas, unha cifra que se traduce en preto de 1.000 litros de aceite. Asimesmo, a calidade dos froitos está a ser moi boa pese ás fortes xeadas que caeron días atrás. Unha calidade que se debe a que o produto é ecolóxico cen por cen. O único tratamento que pode chegar a recibir é un pouco de cobre en caso de necesitalo.
É de destacar que dende o concello contan con outras previsións a maiores, i é que teñen un cálculo feito polo que dentro de dez anos recolleranse uns 100.000 litros. Este cálculo realízase en base ás prantas que existen na actualidade e ao que darán no seu momento máis álxido de produción.
Un traballo moi sacrificado para o inverno
Pero para que todo de o seu froito hai que traballar primeiro. Manuel Mondelo explica que unha xornada de traballo na campaña do aceite é moi dura, ao igual que o son todos os traballos do campo. “Co frío que fai, vareala, coller a aceituna a man do chan, andar co cesto e levala para a casa convírtese nun traballo extremadamente duro nesta época do ano”, engade. Nos traballos participan varias persoas, como neste caso no que ademais de axudar a familia tamén botan unha man os veciños.
Medio litro de aceite ecolóxico a dez euros
En canto ao proceso, dende que se recolle a aceituna ata que se compra unha botella de aceite pasan varios meses. É preciso moela e tamén centrifugala. Unha vez listo o aceite pode necesitar algún tratamento, pero no caso de non ser así pronto pasa a ser embotellado.
Trátase dun aceite totalmente e ecolóxico ao que non se lle engaden nin colorantes nin conservantes, de ahí que o seu prezo no mercado ronde, no caso de Aceiroga, os dez euros a botella de medio litro. Coidase ademáis o envasado, que se presenta nunha botella de cristal con deseño italiano.