Ribeira Sacra pecha o ano cos Premios Aosta

O Parador de Turismo de Monforte acolleu este mes a entrega dos galardóns aos premiados na XVIII edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta. O acto de entrega estivo seguido dun xantar do que participaron unhas 150 persoas entre integrantes do Consello Regulador e autoridades políticas. O presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, lembrou o bo funcionamento dos viños da Ribeira Sacra nos mercados e asegurou que o futuro se ve con boas perspectivas. Segundo José Manuel Rodríguez o mérito da Denominación é “que é un traballo de todos, un traballo en equipo”. O acto contou coa presenza do Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez,  quen salientou “o traballo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para convertir unha área de produción devaluada nunha das zonas máis interesantes de Europa na produción de viño”. Os galardóns deste ano foron para, Regina Viarum 2009 de Regina Viarum S.L., Portelo 2009 de Terras de Líncora S.C., Almalarga 2009 de Pena das Donas S.L.,Viña Regueiral 2009 de José Rodríguez Prieto, Viña Vella de S.A.T. Virxe dos Remedios, Don Bernardino 2009 de Emilio Rodríguez Díaz, Cardenal Rodrigo de Castro 2009 de Bodega Soutelo S.L., Adega Vella mencía 2009 de Jorge Feijoo González, Vía Romana de Adegas e Viñedos Vía Romana S.L., e Cividade 2009 de José Ramón Verao Pérez, que levaron as medallas de ouro. Medallas de prata foron para Décima 2009 de José Manuel Rodríguez González, e Don Bernardino 2007 de Emilio Rodríguez Díaz. O Premio Especial Cervim 2010 foi para Regina Viarum S.L. O acto aproveitouse tamén para entregar os diplomas ás adegas premiadas na XXII edición da Cata dos Viños de Galicia, Vía Romana de Adegas e Viñedos Vía Romana, Adega Barbado de Adega Tomás Rodríguez Fernández e Casa Moreiras de Casa Moreiras S.L.

Na Cata dos Viños de Galicia o Acio de Bronce foi para Guímaro de Pedro Manuel Rodríguez Pérez, o Acio de Plata para Cruceiro de Ramón Marcos Fernández, e o Acio de Ouro para Saíñas de Javier Fernández González. O mellor tinto de Galicia foi para Regina Viarum 2009 de Regina Viarum S.L. e o premio na categoría “Viño de Colleiteiro” para Estrela de Carlos Díaz Díaz.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Julia Rodríguez, candidata do PP á alcaldía de Monforte

Seguinte Nova

Sober informa sobre a banda larga nas parroquias do concello

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: