Sesión científica no balneario de Augas Santas

O balneario Augas Santas de Pantón acolleu recentemente unha sesión científica organizada pola Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia en colaboración co hotel balneario. Á sesión asistiron preto de 70 persoas entre as que se atopaban algúns membros da Real Academia, así como un grupo de alumnos da facultade de Mediciña, médicos procedentes de outros balnearios e algúns profesionais da comarca interesados en saber algo máis sobre termalismo.

Teoría e posta en práctica no propio centro

A sesión teórica da mañá, incluíu unha charla sobre a cura balnearia impartida polo doutor Luis Rodríguez Míguez, que ocupa o Sillón de Hidroloxía Médica dentro da academia. Tamén participou na mesma o director médico do balneario, Antonio Freire Magariños, e rematou as intervencións o xerente de hoteis e balnearios Caldaria, Javier Soto. Pechou o acto o presidente da Real Academia acompañado dun representante do Concello de Pantón.

Xa pola tarde desenvolveuse unha sesión práctica na que todos os asistentes puideron ver e practicar as técnicas empregadas en Augas Santas.

Segundo explicou Antonio Freire, para o centro termal esta foi unha sesión moi importante, xa que o evento serviu para fomentar o termalismo entre os médicos da zona, ademais de darlle relevancia institucional. Motivos polo que o director se amosou agradecido ante a visita dos membros da Real Academia. “As augas deste complexo de Pantón son mineromedicinais e están declaradas de utilidade pública, polo que a nosa obrigación é poñelas a disposición do maior número de público para que a xente se beneficie das curas balnearias”, concluiu Freire.

Pola súa parte, para o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, o encontro supuxo un impulso para o balneario, e unha aposta decidida porque nun futuro próximo os médicos poidan recetar o uso destas augas medicinais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O concello de Pantón recibe as visitas de Juárez e Bao

Seguinte Nova

Premios en Pantón á orixinalidade nos concursos de Beléns e de postais

Últimas noticias sobre SOCIEDAD

     
A %d blogueros les gusta esto: