O Concello de Sober informará sobre a posta en funcionamento da banda larga no municipio a través dun ciclo de charlas informativas nas distintas parroquias. O plan da Xunta para facilitar o acceso a Internet no medio rural será posto en marcha pola operadora Iberbanda, que se encargará de informar deste novo servicio a través dun equipo de técnicos que explicarán cuestións como a cobertura actual no municipio, as modalidades do servicio, as tarifas mensuais e os diferentes contratos para obter o acceso á rede. O xoves 23 as charlas serán ás 19.00 h. no local social de Canaval, e a partir das 20.00 h. no centro parroquial de Rosende. En S. Esteban e S. Martiño o luns 27 as 19.00 e 20.00. En Bolmente e Pinol a cita será o martes 28 ás 19.00 h e ás 20.00h. En Amandi e Doade a charla será o mércores 29 ás 19.00 h e ás 20.00 h., respectivamente.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante
• Entre eles, o Goberno galego destinou 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de
A celebración do 8M ten as súas raíces na loita das mulleres traballadoras do Téxtil de
• As luces das letras de Quiroga do parque da Constitución están estes días iluminadas en
Tamén programou actividades de contacontos no CEIP Rosalía de Castro, pois o Goberno local pretende así