O presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Francisco Fernández Liñares, desprazouse esta semana ata Monforte para comprobar e supervisar os danos causados no paseo fluvial pola crecida do río Cabe debido ás choivas caídas durante os últimos días. Tras reunirse co alcalde do concello, Severino Rodríguez, émbolos dous realizaron unha visita ao longo do paseo comentando e comprobando os desperfectos que deixou tras de sí o temporal de choivas. Liñares comentou que “as choivas de días atrás non foran torrenciais pero sí moi prolongadas, o que provocou que o Cabe rexistrara o día cinco de xaneiro un caudal de 40 metros cúbicos por segundo ao seu paso por Monforte, caudal que se multiplicou por cinco o día seis ás doce da noite, acadando os 200 metros cúbicos por segundo”. Ante esta situación, o responsable da CHMS sinalou que o alcalde lle entregara unha valoración dos danos, realizada polos técnicos municipais, que ascende a preto de 250.000 euros. Unha cantidade que inclúe os gastos necesarios para repoñer o pantalán que foi arrastrado pola forza da corriente ata a presa do Parque dos Condes. Ainda así, dende a Confederación Hidrográfica realizarán tamén a súa valoración, xa que segundo manifestou o presidente “é obvio que os danos foron cuantiosos, polo que nos comprometemos a executar as obras de reparación do paseo fluvial no menor tempo posible, aproximadamente uns tres meses e mediante un procedemento de urxencia”. Con todo, a cifra última en canto a danos será determinada finalmente polos técnicos da Confederación, que realizarán en breve unha visita a Monforte, tal e como apuntou o seu presidente. Sen embargo, para iniciar as obras será preciso, en primeiro lugar, agardar a que baixe o caudal do río e, en segundo lugar, facer unha escollera no tramo que resultou especialmente danado debido a que se trata dun punto no que a auga baixa con máis forza ao discorrer en curva. “Esta foi unha obra que xa realizamos nós hai poucos anos, polo que é importante a súa pronta rehabilitación, e a maiores disto tamén recuperaremos agora o pantalán que levou a riada ou substituirémolo por un novo de non ser posible a súa reparación”, engadiu Liñares. Pola súa parte, Severino Rodríguez comentou que se trataba dun “paseo emblemático de Monforte no que recentemente se realizaron melloras que afectaron tanto á súa iluminación, como a mobiliario e accesos”. Tamén indicou que neste caso de intensas choivas a canalización do río facilitou o descorrer das augas e evitou solagamentos maiores.
Últimas noticias sobre GALERÍA
O Pleno da Deputación de Lugo aprobou unha proposta de Goberno que reclama ao Executivo autonómico
A monfortina Praza da Compañía acolleu, a finais do mes pasado, a presentación do documental “Monforte
Diversos actos ao longo do mes de agosto servirán para dar máis proxección aos produtos típicos
A superficie xestionada no convenio de protección das aldeas fronte ao lume achégase ao 70% do total
• A Xunta constata o incremento no grao de cumprimento dos particulares nas obrigas de xestión
• A actuación ten como obxectivo a mellora da calidade, fiabilidade e competitividade da conexión ferroviaria