O legado do Xacobeo 2010 en Sarria

O Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou no albergue de Lusío a edición especial da revista Biblos Clube de Lectura adicada ao Xacobeo.

A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo puxo en servizo durante o Ano Santo 2010 dez novos albergues dirixidos a peregrinos, un deles situado na comarca de Sarria, na Casa Forte de Lusío (Samos). Albergue dos Mercedarios Neste senso, ademáis, e segundo o balance feito a finais de ano pola Xunta en relación a estas infraestruturas, engádense tamén nesta área a ampliación do albergue habilitado polo convento dos Mercedarios de Sarria, que deron cobixo aos camiñantes nas tempadas máis altas. A Casa Forte de Lusío No mes de abril de 2010, abriuse ao público a Casa Forte de Lusío, no concello de Samos, que foi rehabilitada para o seu uso como albergue e museo. Estas novas instalacións supuxeron a incorporación de 60 novas prazas para peregrinos no concello de Samos. Cun orzamento de 2,4 millóns de euros, a rehabilitación do inmoble, construído en 1551 e cunha superficie de 1.710 metros cadrados, respondeu a criterios de recuperación histórica e posta en valor do patrimonio. Da traza señorial da casa sobresae unha torre de dúas plantas e destacan os arcos característicos da construcción e a muralla que fortifica o inmoble. A actuación completouse coa urbanización do entorno, a mellora dos pavimentos e da vía pública de acceso nun total de 3.000 metros cadradros intervencións para as que a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destinou preto de 340.000 euros. Na finca, propiedade da familia Vázquez Queipo de Llano, naceu o físico, matemático e político Vicente Vázquez Queipo de Llano (1804- 1893), membro da Real Academia Española da Historia e das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais así como doutros institutos científicos e academias estranxeiras.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta mantén a súa política de aforro enerxético co Plan Renove de Equipos de Climatización

Seguinte Nova

O proxecto para a nova Casa da Cultura admite propostas cidadás

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: