O Concello de Chantada informou de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos está desprazada estes días na vila para realizar as inspeccións técnicas de vehículos lixeiros. Dende o pasado 31 de decembro e ata o vindeiro 18 de xaneiro, agás os días sábado 15 e domingo 16, realizaranse as revisións pertinentes en horario de nove da mañá a unha e media do mediodía, así como de tres e media a seis da tarde, agás o último día de traballo que se realizarán en horario de nove da mañá a unha e media do mediodía. É Non se pasará a inspección a vehículos con carga, nin a vehículos de tara superior a 3.500 kg (excepto agrícolas ou obras e servizos), vehículos de anchura superior a dous metros, nin tampouco a autobuses, motos e ciclomotores.Aos interesados asignaráselle día e hora directamente na unidade móbil dende o primeiro día de chegada ou chamando ao número 609.107.306.
Últimas noticias sobre SOCIEDAD
Enrique Sampil continua como presidente, con José Manuel Armesto vicepresidente, Ana Otero secretaria, Beatriz García vicesecretaria,
O Concello de Monforte contou con dobre participación no II Encontro Estatal Gobernos Locais e Cooperación
O Concello de Bóveda vén de poñer en marcha o Programa de Envellecemento Activo para o
O Concello de Sober organiza o vindeiro 18 de febreiro o seu tradicional Baile da Cachucha,
• Convocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) o pasado día 6 de febreiro,