Renovado o Plan de Comunidades Veciñais Investimentos na Provincia

O modelo de solicitude para a concesión das subvencións do Plan de Comunidades Veciñais de 2011 foi aprobado recentemente na xunta de goberno da Deputación provincial. Desta maneira faise posible a cooperaciñón cos  concellos nas pequenas obras relacionadas co ámbito veciñal. Deste xeito, ata o 15 de febreiro, manterase aberto o prazo para que todas as entidades asociativas soliciten as súas obras. Dende o goberno provincial indicaron que se intenta adiantar en tempos este ano todas as iniciativas destinadas aos concellos.  É o caso deste plan xa que “ se trata dun bo modelo para axudar ós Concellos nestes momentos nos que teñen tantos problemas de liquidez”, indicaron.

Ao mesmo tempo fixeron fincapé en que o Orzamento de 2011 é precisamente “o da máxima cooperación cos  municipios, xa que non recortamos en nin un só euro as partidas destinadas a este fin”.

MANTÉÑENSE OS 2,3 MILLÓNS

O organismo provincial mantén en 2011 o presuposto do Plan, 2,3 millóns de euros, o que supón algo máis do 65% do investimento total das  obras. As axudas que concede a Deputación para calquera das actuacións non supera os 12.000 euros, é dicir, o 75% do importe total da obra. O 25% restante é aportado, como en anteriores ocasións, polos colectivos veciñais. O goberno provincial vincula o Plan de Comunidades veciais, a outras iniciativas que o organismo provincial puxo en marcha como o Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes do que en 2010 se beneficiaron 41 nunicipios.

CASE 300 PROXECTOS VECIÑAIS EN 2010

En 2010 concedéronse 298 subvencións. O 65% están tramitadas ou en tramitación. Polo que respecta a 2009, o Plan estivo dotado con 100.000 euros menos, e subvencionáronse 295. Neste caso, están tramitadas o 94% das mesmas. Asimesmo, as de 2008, un total de 291, están rematadas o 100%.

PEQUENAS INFRAESTRUCTURAS

O Plan de Comunidades Veciñais subvenciona pequenas obras que os Concellos non poderían acometer sen a colaboración da Deputación, como por exemplo pequenos abastecementos de auga, saneamentos e pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeado público ou acondicionamento de camiños rurais. Este tipo de actuacións, moi demandadas nos núcleos rurais, complétanse con outras como a habilitación de locais sociais, a rehabilitación de espazos de encontro.

ACTUACIÓNS EN SARRIA

Veciños da parroquia de San Vicente de Argozón durante un acto no local social

No plan do ano que deixamos atrás serán atendidas varias demandas veciñais que en municipios como o de Sarria, pasan pola rehabilitación da antiga escola da parroquia de San Martiño de 7.600 euros. O arranxo do muro do souto  da festa, na mesma parroquia tén tamén un investimento do plan de comunidades veciñais que contribúe a financiar o total do seu custe, uns 8.500 euros. Por outra parte, e no mesmo municipio, falando do plan de 2010, concedeuse a  axuda para a reparación da fonte do Vilar, na que se gastan un total de 11.000 euros. A restauración da igrexa de San Pedro de Maside, cun investimento de 33.000 euros, conta tamén cunha axuda do departamento provincial. As restantes actuacións veciñais en Sarria concedidas para a anualidade 2010 están na instalación da protección para as fiestras no colexio de Corbelle e na escola pública de Fonteabuín.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os vehículos lixeiros pasan a ITV estes días

Seguinte Nova

A Xunta anuncia prazos e importes para o porto seco

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss