•A Denominación de Orixe Ribeira Sacra ven de pechar un ano “excelente”. Así, segundo informaron, vendeuse toda a colleita que na cata de cualificación recibiu a valoración de “moi boa”. Ademáis, a campaña de vendima rondou os 6.000.000 de quilos de uva. A maiores, ao igual que outros anos, os resultados en concursos e certames seguiron sendo positivos. Tamén o pasado ano a Denominación de Orixe acolleu a asamblea da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas, un evento que trouxo consigo unha gran promoción da Denominación de Orixe e da zona, pero sobre todo, o 2010 pechouse “afianzando a un consumidor moi fiel a estes viños e xerando novos consumidores”. En palabras do Presidente da DORS, José Manuel Rodríguez: “O 2010 foi de asentamento”. Por outra parte, o 2010 pechouse deixando case operativa ao 100% a Ruta do Viño.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Renfe iniciou a formación dalgúns dos profesionais que se integrarán no persoal do novo Centro de
Por Gonzalo L. Torres Alá polo mes de novembro fallábase unha nova edición dos premios Semente,
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, puxo hoxe a empresa
• Ademáis, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, sinalou que a Xunta
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o director xeral de Pesca, Acuicultura