A Volta Ciclista a España pasará finalmente por Sarria

Xa é oficial, o Concello de Sarria acollerá o vindeiro 2 de setembro deste ano unha das etapas da Volta Ciclista a España. O percorrido da Volta 2011 adéntrase deste xeito por primeira vez na zona dos Ancares, nunha das etapas máis complicadas de toda a edición. A saída terá lugar dende a localidade de Sarria e o final estará situado en Ponferrada, sendo así a sexta vez que a capital do Bierzo reciba a carreira. Trátase dunha etapa de tan só 150 quilómetros, pero que contará con tres portos de terceira categoría. Dous deles nos trinta primeiros quilómetros prepararán ao pelotón. Pola súa parte, a presentación oficial da Volta a España 2011 tivo lugar o pasado 7 de xaneiro en Alacante. Mentras tanto, dende o Concello de Sarria xa se atopan a preparar todo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

José Antonio García, candidato do PP á alcaldía de Sarria

Seguinte Nova

Roberto Lolo estrea en Sarria o seu último corto

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: