Certame “Vila de Quiroga»: O prazo para as cartas remata o 14 de febreiro

O Concello de Quiroga, dende a Oficina de Xuventude, organiza o VIII Certame de Cartas de Amor “Vila de Quiroga” 2011. Todas as persoas que desexen participar deberán escribir unha ou varias cartas que teñan por tema principal o sentimento do amor. A extensión máxima das cartas será de dous folios mecanografiados por unha soa cara e poderán estar en galego ou castelán. Pola súa parte, os datos do autor ou autora, así como a súa dirección e o seu teléfono, presentaranse dentro dun sobre pechado indicando o título da carta e a categoría na que participa no exterior do mesmo. As categorías son as seguintes: cartas non locais (remitidas por persoas non domiciliadas neste Concello), e os premios desta categoría serán tres placas conmemorativas e máis tres detalles; e cartas locais (para veciños do pobo de Quiroga), premiados cunha placa conmemorativa e un detalle para cada subcategoría de infantil (menores de 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos), senior (de 19 a 35 anos), e dourada (de 35 anos en diante). Os traballos xa poden enviarse por correo, entregarse persoalmente na Oficina de Información Xuvenil ou na Casa de Cultura. A data límite é o 14 de febreiro. Aos gañadores comunicaráselles a data fixada polo Concello para a entrega dos premios e os seus traballos quedarán en propiedade para as publicacións de “Cartas de amor, Vila de Quiroga”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova pista de tenis para Quiroga: As instalacións abren durante toda a semana

Seguinte Nova

Espazo propio para a Ribeira Sacra en FITUR

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: