No Concello de A Pobra do Brollón atópanse a executar este mes as obras de reforma do mirador de Vilachá. Segundo explicou o alcalde, José Luis Maceda, tratase dunha rehabilitación do mirador da Capela que conta cun investimento de preto de 30.000 euros, grazas a un convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Lugo. A través deste convenio vaise a mellorar o propio mirador e tamén o seu acceso. Pola súa parte, agárdase que as obras estén rematadas a final deste mes de xaneiro. Por outro lado, en A Pobra do Brollón tamén están previstas outras actuacións relacionadas dalgún xeito co turismo, como por exemplo a renovación da sinalización vertical dos núcleos de poboación. I é que nalgúns lugares as señais están bastante deterioradas. Dita obra será financiada cunha partida de algo máis de 17.000 euros procedente neste caso da débeda do canon hidroeléctrico.
Últimas noticias sobre TURISMO
O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra abre as reservas para unha nova edición do xa clásico
A publicación amosa 83 ortofotos históricas e actuais para ver os cambios da paisaxe destes roteiros
Nun mercado tan competitivo como o turístico, toda iniciativa é boa, e máis se ten en
O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra está presente cun stand de información turística e unha pequena
O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra vén de poñer en marcha no verán de 2023 a