Conciénciate, un programa social a realizar nas parroquias de Brollón

O Concello de A Pobra do Brollón presentou a comezos deste mes o programa Conciénciate. Trátase dun programa que pretende promover unha maior concienciación tanto nos nenos como nos adultos e maiores sobre as problemáticas máis salientables desta sociedade, tales como a violencia de xénero, o desemprego ou as drogodependencias. A través deste programa promoverase a realización de varias actividades nos centros sociais das parroquia, como por exemplo, ximnasia de mantemento, estimulación cognitiva, un ciclo de cine fórum no que se tratarán temas como o desemprego ou algunhas discapacidades, e distintos obradoiros de artesanía tales como o de modelado en barro, mosaico e pintura. Ademáis, todos serán impartidos por artesáns. Segundo indicaron dende o Concello, o programa vai destinado a todos os sectores da poboación: mulleres, xóvenes, nenos, maiores, persoas con discapacidade, e quen estea interesado.

Presentación do programa Conciénciate en Brollón. CPB

Prazo ata 11 de febreiro

O programa ainda non está pechado, o prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 11 de febreiro. Deste xeito todos aqueles interesados en participar desta iniciativa poden acudir ao CIM de Brollón, ou tamén poden chamar ao teléfono de Servizos Sociais do Concello, 982 430 447. O programa Conciénciate está financiado pola área de Benestar da Deputación de Lugo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comezan as obras no mirador de Vilachá en Brollón

Seguinte Nova

Debate sobre a explotación hidroeléctrica fluvial no Saviñao

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss