O Concello de Monforte xa ten aberto o prazo de inscricións
Carlos Rouco, un dos fundadores da ONG Salvador Allende, acompañado da presidenta da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, e Emilio Portela, da mesma asociación, quixeron facer un chamamento en relación ao descenso que están a rexistrar as acollidas de nenos saharauis en Monforte, dentro do coñecido como programa “Vacaciones en Paz”. “Queremos facer un chamamento en relación ao programa Vacaciones en Paz, porque as prazas para os nenos que este ano repiten experiencia xa están cubertas, posto que debido á súa idade só pode repetir un, pero as prazas para os demáis nenos aínda están libres”, sinalou Maite. I é que debido a que a maior parte dos nenos que visitaron a cidade do Cabe o ano pasado, este ano superan a idade límite do programa e non poden voltar, a maior parte das prazas están sen cubrir.
Características do programa Vacaciones por la Paz
Pola súa parte, a acollida desenvólvese durante os meses de xullo e agosto e de momento aínda queda un mes para facer a inscrición. Os cativos teñen entre 7 e 12 anos e a intención da ONG é traer a Galicia o maior número posible, “entre 100 e 200 rapaces, que no total de España poderían chegar aos 500”. É preciso destacar que o billete subvenciónao o Concello, pero despois tamén se dan unha serie de axudas para levar a cabo o acollemento familiar. No caso concreto de Monforte serán preto dunha ducia os nenos que este ano poidan saír por primeira vez de Marrocos se se completan as prazas.
Como sumarse ó programa de acollida Vacaciones por la Paz
Para isto, as familias interesadas poden acudir xa aos servizos sociais do Concello, ou tamén solicitar a acollida a través do teléfono da asociación, 986 262 637, ou do seu correo electrónico, asociacionsogaps@ yahoo.es.
Viaxes a campamentos de refuxiados para coñecer in situ a situación deste pobo
Por outra banda, dende Solidariedade Galega co Pobo Saharaui quixeron lembrar que organizan distintas viaxes a campamentos de refuxiados. Unha delas será o vindeiro 27 de febreiro a Tifariti, para o que agardan contar coa participación dun bo número de visitantes que decidan acompañalos dende Galicia. A organización viguesa Solidariedade Galega co Pobo Saharaui leva traballando pola mellora das condicións de vida dos máis cativos no Sáhara dende fai moitos anos.