Medidas de aforro nos concellos

Chantada aplicou solucións no ámbito enerxético en instalacións e no rural

A crise obriga ás administracións a implantar medidas de aforro. E se algunha administración se manifesta endeble ante a coxuntura económica de recortes, esa é a local, a máis resentida por unhas dificultades de finanzamento que en moitos casos veñen de longo. No Concello de Chantada decidiron tomar cartas no asunto con algo similar a un plan de austeridade feito a medida. No ámbito enerxético, foi substituída unha das caldeiras de gasoil da piscina climatizada por outra de biomasa. Tamén nas piscinas, segundo relata o tenente de alcalde Ildefonso Piñeiro, se instalaron placas solares para auga quente sanitaria, que implican un aforro dun 25% de combustible e de emisións de CO2. Estes investimentos realizáronse con cargo ao canon e á Consellaría de Industria. O custe total ronda os 150.000 euros. Actualmente estase a cambiar a instalación das tubarías do pavillón municipal que provocan perdas pola súa obsolescencia. No seu momento tamén fora substituída a caldeira por placas solares, producindo un aforro do 25 % no combustible. O investimento, de 125.000 euros, foi a cargo do Plan E. Pola súa parte, nas parroquias de Laxe e Requeixo cambiáronse as lámpadas de luz por outras de baixo consumo, ao igual que en varias rúas como a do Comercio, Xoan XXIII, Avenida de Portugal ou Avenida de Monforte, cun investimento duns 100.000 euros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP preguntará a José Blanco pola A-72 e a A-56

Seguinte Nova

O presidente do Lemos, Antonio Feijoo, asegura que o clube necesita máis xogadores para poder competir

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss