O Coengo César Carnero destaca o gran valor patrimonial da Diócese

César Carnero foi párroco da igrexa de San Vicente durante moitos anos. EC

César Carnero Rodríguez foi durante moitos anos o párroco de San Vicente, en Monforte. Na actualidade é Coengo da Catedral de Lugo e, por toda a súa traxectoria e a súa actividade, ven de recibir fai poucos días unha homenaxe.

¿Unha homenaxe sempre é un acto moi emotivo, como se sinte? Síntome sobre todo moi agradecido, ainda que penso que é excesivo. Pero bueno, son moitos anos en Monforte, moitas relacións de amizade e polo tanto só podo amosar agradecemento pola acollida que me deron. Fai pouco tempo que foi nomeado Coengo para a Catedral de Lugo.

¿Como afronta esta nova etapa? Con moita ilusión e como un servizo máis á Igrexa a pesar de que isto tamén supuxo para min unha certa desestabilización, porque eu xa estaba moi enraizado en Monforte, e tiña moitos proxectos en marcha. Pero bueno, seguirei pendente diso tamén, mentras que neste momento estou centrado en cambiar de poboación e cambiar de casa.

Tamén é delegado episcopal de Patrimonio Histórico. Que tarefas leva a cabo? É unha tarefa apaixonante, ademais os que me coñecen saben que todo o relativo ao patrimonial é algo que me preocupa moito, que é para min como unha segunda vocación. O patrimonio da Diócese é algo moi extenso, falamos de 1.139 parroquias co que iso conleva en canto a templos, retablos, etc, que é do que eu me encargo. E claro, conservar todo isto nas circunstancias actuais é complicado. Pero bueno, é un reto que temos por diante, o de como conservar este legado dos nosos devanceiros, que é algo que está ao servizo dos fieis e de todos.

Pronto será o San Blas, ¿estará lista a igrexa? Eu as obras visitoas todas as semanas. En principio hai un compromiso por parte da empresa adxudicataria de que rematarán para o San Brais. Isto quere dicir que o San Brais poderémolo celebrar no altar maior. O mellor ainda hai algunas cousas que precisan algún retoque, como por exemplo a capela de San Benito, pero bueno, nun principio penso que estará lista.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Remodelación na zona histórica de Monforte: O Concello adxudica o proxecto do casco vello

Seguinte Nova

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra fai balance positivo do 2010

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

A %d blogueros les gusta esto: