O presidente do Lemos, Antonio Feijoo, asegura que o clube necesita máis xogadores para poder competir

Antonio Feijoo, presidente do Clube Lemos, fai balance da temporada e tamén do seu mandato como presidente. Asegura que pese ás dificultades o Lemos chegará a onde faga falla, e que o obxectivo pasa este ano por manter a permanencia.

Como vai a temporada para o Lemos? Está sendo unha temporada moi difícil, tanto a nivel económico como a nivel deportivo, que ademais eu creo que estes dous aspectos sempre van relacionados. É verdade que perdemos unha axuda do Concello, pero por culpa nosa, por uns minutos ou un día, chamémoslle como queiramos. Ainda así, sigo dicindo que se o Concello realmente tivera vontade de axudar, o Lemos podería ter solucionado moitas cousas, como por exemplo os temas publicitarios. De todos os xeitos nós agora témonos que axustar a un orzamento se cabe máis apretado debido a este problema. E tamén teño que dicir que se está traballando e que o equipo está totalmente o día. Igualmente hai que mencionar que apareceron novas débedas, totalmente xustificadas, con denuncias e que están recoñecidas pola asamblea, así que toca ir solventando todo isto de cara a elaborar un orzamento máis decente e máis acorde coa categoría dun clube coma o noso. Fixemos tamén unha plantilla na que temos plena confianza, pero o que sí que sabemos dende o primeiro día e que é unha plantilla corta e xustiña, na que faltan rapaces.

Como lles afecta toda esta situación aos xogadores? A pesar de todo isto os xogadores teñen que estar tranquilos porque con eles non vai haber ningún problema. Saben perfectamente que estamos o día, que o clube neste senso cumpre con eles, teñen a nosa garantía nos acordos aos que chegamos con eles. Polo tanto este tema a eles non lles afecta en absoluto, aféctalles máis o tema deportivo, porque eles son os primeiros que queren saír dahí. E máis se temos en conta a gran base de rapaces de Monforte e da zona que hai. Con todo, saben que teñen a nosa plena confianza e que tamén contamos con algunhas incorporacións que agardamos que pronto podan comezar a xogar, porque neste momento para nós calquera baixa lastraríanos moito, pero non en calidade senón en cantidade.

Que precisaría o equio na actualidade? Partimos de que sabemos que temos un déficit en canto aos xogadores. Por poñer un exemplo, estamos xogando cos rapaces xustos na parte defensiva. E tampouco temos un lateral zurdo específico, así que tamén nós temos que centrar en atopar aos mellores xogadores. Sabemos que é unha necesidade, pero hai que ter en conta que o clube o que non pode facer é ofrecer máis do que nestes momentos pode pagar.

Que balance fai do seu mandato como presidente? Bueno, eu creo que a nivel económico o balance é bastante bo, máis que nada porque reducimos bastante a débeda. Pola súa parte, a nivel social tamén fago un balance positivo grazas a medidas que adoptamos dende fai tempo e que nos permitiron aumentar o número de socios do clube. Despois lóxicamente, en relación ao aspecto deportivo pois non. A verdade é que a situación do Lemos sempre en zona de descenso e sempre loitando pola salvación non é a mellor nin a desexable para un clube coma este. Por este motivo xa digo que a nivel deportivo póñome unha nota moi mala. Sen embargo, e a pesar de todo isto, sempre dixen que o Lemos chegará donde queiran as institucións e tamén donde queira o pobo.

Cales son os obxectivos para este ano? Os obxectivos de cara a esta temporada non poden ser outros máis que intentar acadar a salvación. Sei que é un obxectivo moi menor, pequeno, pero dada a situación actual o máis importante é non descender.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Medidas de aforro nos concellos

Seguinte Nova

Boa traxectoria para o CB Chantada Galicia Vento que se mantén no medio da táboa

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss