Remodelación na zona histórica de Monforte: O Concello adxudica o proxecto do casco vello

Obras de rehabilitación no casco vello de Monforte. EC

Despois de que o Concello adxudicara a redacción do plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte a un estudio coruñés por un orzamento de algo máis de 350.000 euros, na maior parte subvencionados pola Xunta de Galicia, semella estar moito máis preto a aprobación das directrices do casco histórico. Unhas directrices que apostan dende o principio “por unha demanda de vivendas moderada e pola consolidación do casco urbán”, tal e como indicaron dende o consistorio. Mentras tanto, e os trámites seguen o seu curso, dende o Concello estiveron estes días a realizar algunhas modificacións no tráfico rodado no casco vello debido ás obras de rehabilitación dun dos edificios situado na rúa Ricardo Quiroga. Por outro lado, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, reuniuse fai unhas semanas cos veciños da parroquia monfortina de Piñeira para debatir o documento de impacto ambiental do tramo final da ronda urbana que ven de remitir ao Concello o Ministerio de Fomento. En dita reunión chegouse ao consenso de presentar unha alegación que máis tarde foi debatida pola corporación no último pleno do ano, e que consiste no soterramento do paso. Tal e como sinalou o alcalde, “debería ser inferior, que se estude técnicamente e que os técnicos digan como se pode facer para que finalmente se poida sortear a vía do ferrocarril da liña de Ourense”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tomé analiza a situación política de Monforte

Seguinte Nova

O Coengo César Carnero destaca o gran valor patrimonial da Diócese

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: