Resultados da Liga F7 no Concello de Monforte

Trala disputa da sétima xornada na liga de fútbol 7 do Concello de Monforte, a clasificación quedou da seguinte maneira: como primeiro clasificado e con 18 puntos o Hostal río Lor, seguido do Catalana Occ. O Molinón con 13 puntos, e do Pub Magma con 12 puntos como terceiro clasificado. Pola súa parte, os postos baixos da táboa ocúpanos en último lugar e novena posición, o Real Escala con un punto, en oitavo lugar o Bar Kelly Hierros Losada con 3 puntos, e en sétimo lugar o equipo de El Otro Caimán en Avril con 7 puntos. A vindeira xornada de Liga celebrarase o próximo 6 de febreiro ás once da mañá, mentras que as xornadas de Copa terán lugar este domingo día 30 de xaneiro ás once e media da mañá.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Boa traxectoria para o CB Chantada Galicia Vento que se mantén no medio da táboa

Seguinte Nova

EnComún visita Fitur 2011

Últimas noticias sobre DEPORTES

 
A %d blogueros les gusta esto: