Roberto Lolo estrea en Sarria o seu último corto

Dende a Casa da Cultura de Sarria confirmaron que o director veciño, Roberto Lolo, ten solicitadas ditas instalacións municipais para o segundo fin de semana do vindeiro mes febreiro, data na que está previsto presente o seu último corto, “Cluv2 Auga Vendita”. A curtametraxe, que se rodou íntegramente nos arredores de Sarria, fundamentalmente na Unión e no establecemento hostaleiro Mar de Plata, supón unha continuación da saga “Cluv con V”, ten unha duración duns 18 minutos e enmárcase dentro do xénero de acción; concretamente acción vampírica con inspiración en diversos cómics. Pola súa parte, as protagonistas desta cinta son Judit, coñecida pola súa participación nun famoso programa de convivencia de televisión, e Natalia Gaminde, pero aparecen tamén varios veciños do concello como figurantes. De feito, algúns deles repiten experiencia tras participar xa no primeiro poxecto do director sarriano.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Volta Ciclista a España pasará finalmente por Sarria

Seguinte Nova

Posta en marcha da primeira edición do Plan Renove de equipos de iluminación interior

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: