Os concello de Sarria e o de Carballedo veñen de asinar o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para adherirse á Rede CeMIT, que ten como obxectivo promover o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación na poboación, especialmente nos colectivos onde a fenda dixital é máis evidente. Trátase de aulas públicas de acceso ás novas tecnoloxías integradas na Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMit). A Rede conta cun orzamento de 960.000 euros en 2011. Os municipios que se incorporan á Rede CeMIT dispoñen dun local que cumpre os requisitos técnicos precisos e ocuparanse do seu mantemento. A Xunta abonará aos concellos unha cantidade equivalente ao o 80% do salario do Axente TIC que deben contratar para a atención da aula, sendo o municipio o que achegue o 20% restante.