Dende a UGT-Lemos quixeron lamentar o abandono da vixiancia na estación de Renfe en Monforte, xa que, segundo indicou Mario Docasar, a actual concesionaria Seguriber finalizou o seu contrato o pasado 31 de decembro. Deste xeito, dende o pasado 1 de xaneiro está a funcionar unha nova concesionaria, Segur-Ibérica, que suprimiu os turnos de noite. Ante isto, para o sindicato “os traballadores quedan nunha situación totalmente ilegal porque nin os despediron nin lles permiten traballar”. Por este motivo dende UGT-Lemos pediron ao Ministerio de Fomento que sigan mantendo os turnos de mañá, tarde e noite para que non quede desatendida a estación e non se perxudique a seguridade da mesma. Docasar tamén sinalou que como último recurso antes dos despidos deberían subrogarse os dereitos dos que estaban traballando pola empresa anterior.
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
O PP de Monforte lamenta que, unha vez máis, “o equipo de goberno deixara en evidencia
• Consideran co Val do Lemos ten unhas condicións climáticas e edafolóxicas axeitadas para o cultivo
• Os deputados provinciais do PSdeG abstivéronse Cos votos a favor do BNG e o PP,
• Ademais, Katy Varela denuncia o “Nulo interese de Tomé por solucionar o problema máis grave
• A Xustiza dálle novamente a razón ó Concello e denega a Construcciones y Contratas Sánchez