Un firme máis firme nas rúas de Monforte

O Concello destinará 229.000 euros do plan da Deputación a aplicar aglomerado e facer arranxos no rural

O rexedor local de Monforte, Severino Rodríguez, presentou nos pasados días unha das actuacións que se vai realizar a través do convenio asinado entre o Concello e a Deputación de Lugo por importe dun millón de euros. Rodríguez dixo que desa cantidade xa se destinaran 150.000 euros para o mantemento do parque de bombeiros, e que o proxecto de mellora de infraestruturas viarias absorvería un investimento de 229.000 euros. Será o organismo provincial quen acometa a adxudicación destes traballos, que está previsto se inicien no mes de marzo. Trátase de 34 actuacións, 27 das cales se levarán a cabo na zona urbana e periurbana, mentres que 7 afectarán a outras tantas parroquias. As beneficiadas serán un importante número de rúas situadas en diversas zonas da cidade, onde se fai necesaria unha mellora do pavimento de xeito urxente. Os traballos afectarán nalgúns casos á totalidade da rúa e noutros a algún tramo concreto, a través da aplicación de novas capas de aglomerado. En canto ás 7 actuacións na zona rural, son intervencións concretas e moi urxentes que foron solicitadas polos pedáneos. As obras pendentes no rural conforman unha grande lista, e arredor disto, o alcalde afirmou estar realizando xestións con outras institucións para atopar finanzamento.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria gozará dentro dun ano da nova piscina cuberta

Seguinte Nova

Poesía Visual da man de Amárgama no Museo Etnográfico

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: