O pasado 7 de febreiro, o Concello de Chantada abriu o prazo dun mes para solicitar as axudas de transporte para veciños que estuden fóra do termo municipal en centros de ensino sostidos con fondos públicos. Para optar a estas axudas, que ascenderán como máximo a un importe único de 150€ por beneficiario e curso escolar, os estudantes deberán cursar un ciclo medio ou superio de Formación Profesional, estudos universitarios ou de réxime especial, así como outros estudos non impartidos en centros oficiais do termo municipal. Os interesados deberán estar censados no concello de Chantada. As solicitudes presentaranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil situada na Casa da Cultura (Praza do Cantón).
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Mieles Anta, ademáis de ser unha das máis galardonadas internacionalmente pola calidade dos seus produtos, vai
• Son axudas á nova participación de produtores en réximes de calidade, á promoción das producións
A mediados de xullo, quedou asinado un acordo entre a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés
• A zona contará cunha lanzadeira de Escairón á Praia da Cova, un manual de boas
• O Deputado de Promoción Económica e Social destacou que este proxecto, financiado integramente pola institución