Centos de persoas presentaron as roscas para a bendición de San Blas

Como cada ano os fieis pasaron as súas cintas pola imaxe do Santo. EC

A igrexa de San Vicente congregou un ano máis a centos de fieis, e a algún que outro grupo de escolares, na celebración do San Brais o pasado 3 de febreiro, e iso pese a que este ano non foi festivo local. Finalmente non puido estar presente o cura César Carnero, quen no seu día xa apuntou a este medio o moito que lle gustaría poder asistir, así como a intención de celebrar a misa no altar maior pese ás reformas que se están a levar a cabo no templo. Ditas reformas puideron apreciarse finalmente nas novas vidrieiras da igrexa, nunha rampa de acceso e no pavimento de granito.

Pola súa parte, a misa foi oficiada polo arcipreste de Monforte, Juan Marcial Pereira e polos curas Antón Negro e Rafael Mella, este último, o encargado de realizar a bendición das roscas. O primeiro dos oficios relixiosos deu comezo ás once da mañá e, pese ás baixas temperaturas, dentro da igrexa non quedaron ocos vacíos, e menos aínda cando chegou o tradicional momento no que se bendicen as roscas e a xente que agardaba fóra tamén tentou entrar. Outra das tradicións é a de pasar as cintas nas que se colgan as roscas pola imaxe do Santo para que protexa contra todo tipo de males de garganta. Neste senso, foron moitos os que agardaron o seu turno para poder achegarse, i é que ano tras ano a celebración do San Brais consegue reunir a centos de persoas e manter viva unha tradición ben antiga.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezan a implantarse os colectores de lixo selectivo en Monforte

Seguinte Nova

Os clubes de Monforte reciben as súas subvencións

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: