Comezan a implantarse os colectores de lixo selectivo en Monforte

Os colectores de lixo selectivo xa están instalados nas rúas do casco urbán de Monforte. EC

A implantación dos colectores de lixo selectivo nas rúas de Monforte, vidro, envases, papel e pilas, avanza a bo ritmo tal e como indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Antonino Luaces. Polo momento, os novos colectores están a situarse no casco urbán dende o pasado luns 31 de xaneiro, e máis adiante pasarán a colocarse no medio rural.

“O que se está a facer é cambiando todo o relativo ao lixo selectivo, son colectores específicos, e de momento estase a levar a cabo en todo o casco urbán. Nas parroquias tamén se vai facer, principalmente nas súas saídas e tamén nas saídas dos núcleos, onde se instalarán estas illas ecolóxicas. É preciso destacar que nas saídas dos núcleos, dependendo do grandes que sexan faranse illas ou non para que a xente cando saia das súas casas cara Monforte poida depositar o que é o vidro e demáis basura selectiva”, explicou Luaces.

O concelleiro de Medio Ambiente tamén apuntou que máis que unha cifra concreta o que están a facer é colocar segundo as necesidades que se detectan. “Por exemplo, no medio rural aínda temos que ver cantos sitios pode haber e como está a situación, mentras que noutros casos moitas veces necesitamos espazo, pero o que non podemos facer é implantar colectores e quitar prazas de aparcamento”, engadiu. A maiores de todo isto, o concelleiro tamén asegurou que unha vez posto en marcha o sistema de “cubeo”, polo que os colectores verdes serán retirados cada día, os 12 soterrados cos que conta Monforte pasarán a ser de lixo selectivo. O uso destes novos colectores será para todos os veciños, sen embargo, os comerciantes contarán con un específico. Deste xeito, “para eles, o que é a recollida de cartón faise todos os días polas mañás a unha hora determinada”.

En canto ao prazo de colocación, Luaces quixo deixar claro que non teñen unha data concreta. “Neste senso entran en xogo moitos factores, i é que nós imos implantando segundo a dispoñibilidade do persoal, porque o mesmo camión tamén se precisa para a retirada de poda de leña, para a retirada de colectores grandes, para vaciado dos colectores de vidro e outras tarefas, así que iremos avanzando segundo a dispoñibilidade da empresa”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Axudas para transporte a estudantes chantadinos

Seguinte Nova

Centos de persoas presentaron as roscas para a bendición de San Blas

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss