O pasado domingo día 6, un grupo de 95 personas a bordo de 65 vehículos todoterreo (quad, motos e atv), percorreron os 150 km (ida e volta) que separan A Pobra do Brollón do Cebreiro para dar boa conta de un exquisito cocido ao “estilo do Cebreiro”. Esta ruta convertiuse nunha pequena homenaxe ao socio-compañeiro Antonio Martínez Lago, falecido días atrás. Na saída, gardouse un minuto de silencio na súa memoria e todos os vehículos portaron un lazo negro. Os integrantes de Guímaro Motor desfrutaron do bo tempo e das paisaxes polas que transcurriu a ruta, sendo este un dos aspectos que máis impresionou aos participantes que se achegaron do resto de Galicia. A directiva do club fixo mención especial á presenza do piloto de ATV Alí Taraj, redactor da revista Quad&Jet, que se desprazou dende Toledo para pasar esta xornada co colectivo.