Os veciños do rural acondicionan espazos de encontro co Plan de comunidades veciñais

Unha parroquia da ribeira de Chantada. EC

Recentemente abriuse o prazo de solicitude do Plan de Comunidades Veciñais de 2011, mentres se acomenten en moitos casos as actuacións concedidas o pasado ano.

No municipio de Chantada aprobáronse en 2010 un total de 4 actuacións baixo esta figura. Os veciños aportan parte do finanzamento para o que o organismo provincial concede importantes porcentaxes baixo o réxime de concurrencia competitiva. Nunha tendencia clara de recuperación de espazos comúns na aldea, a meirande parte dos cartos do plan de comunidades destínanse a este fin. A segunda fase do arranxo do local social de Santa Uxía de Asma, cun investimento de 16.000 euros, 12.000 achegados polo plan; a instalación da cuberta no edificio social de Santa Cruz de Viana dadas as importantes condicións de deterioro da mesma, cun custe de 16.949, dos que o organismo provincial achega 12.000; ou o acondicionamento de espazos comúns exteriores destinados ao recreo dos máis pequenos, pero sobre todo á terceira idade, en San Fiz de Asma, mediante o investimento dalgo máis de 16.000 euros, dos que se subvencionaron 12.000, son un bo exemplo da radiografía xeral destas estratexias de cooperación. Resolver os accesos aos numerosos viñedos da zona é outra das importantes demandas que tivo cabida tamén mediante a cooperación veciñal, coa segunda fase dos accesos a unha zona das ribeiras de Pesqueiras, á que se destinan con cargo á anualidade 2010 un total de 15.000 euros, dos que 11.600 son a parte subvencionada.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A e-administración arranca en Chantada e concellos do sur de Lugo

Seguinte Nova

Axudas para transporte a estudantes chantadinos

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss