María Elena López González, de 15 anos e da Biblioteca de Sarria; xunto a Pablo Díaz Pradeda, de 12 anos e da mesma biblioteca, resultaron premiados, ámbolos dous na categoría de 12 a 16 anos, no Certame de poesía infantil Nadal 2010. Os premios foron entregados o pasado luns día 7 na Biblioteca Provincial de Lugo nun acto que estivo presidido pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e no que tamén se aproveitou para presentar o libro editado cos poemas seleccionados na edición do pasado ano. Nesta nova convocatoria do certame, o xurado da fase final estivo presidido por José Carlos Rodríguez Andina, xefe territorial de Cultura e Turismo, actuando como vogais Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial, e Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación, e como secretario Xulio Xiz Ramil, da Consellería de Cultura e Turismo.
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre