Ante a situación de crise e desemprego actual que están a atravesar a inmensa maioría dos municipios, o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, sinalou que dende o Concello o que están a facer é recortar naqueles aspectos máis prescindibles.
“Levamos facendo verdadeiros encaixes de bolillos estes últimos anos porque éramos conscientes do que se aveciñaba, e digo verdadeiros encaixes de bolillos porque nestes últimos anos non se subiu ningún imposto nin ningún servizo”, explicou Arias. “Nin impostos tanto pola vía dos inmobles como da urbana nin a rústica, que é competencia do Concello subilos; como nin os recibos da auga, do lixo nin do alcantarillado; mantémolos porque pensamos que os veciños tampouco están para florituras agora mesmo”, engadiu. Con isto, o concello de Bóveda estase a manter grazas a pequenos recurtes e priorizando outros aspectos, tendo en conta sobre todo o tema dos servizos sociais e tamén o do ámbito cultural. “I é que á Casa da Cultura estáselle dando moita vida”, asegurou o alcalde.
“En resumo, recortamos naqueles gastos que non son prioritarios, en todos, e por outra parte mantemos ou non subimos o resto. Así, por exemplo recortouse en algunhas obras, apoiando especialmente aquelas para as que recibimos algún tipo de axuda, pero tamén recortamos nos consumos dos alumeados públicos grazas ao aforro enerxético, e que en varias zonas ainda temos que seguir traballando”. Foron así estes os principais ámbitos nos que se aplicaron medidas de aforro.