Pequenos recurtes na xestión municipal de Bóveda

Centro Sociocultural de Bóveda. EC

Ante a situación de crise e desemprego actual que están a atravesar a inmensa maioría dos municipios, o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, sinalou que dende o Concello o que están a facer é recortar naqueles aspectos máis prescindibles.

“Levamos facendo verdadeiros encaixes de bolillos estes últimos anos porque éramos conscientes do que se aveciñaba, e digo verdadeiros encaixes de bolillos porque nestes últimos anos non se subiu ningún imposto nin ningún servizo”, explicou Arias. “Nin impostos tanto pola vía dos inmobles como da urbana nin a rústica, que é competencia do Concello subilos; como nin os recibos da auga, do lixo nin do alcantarillado; mantémolos porque pensamos que os veciños tampouco están para florituras agora mesmo”, engadiu. Con isto, o concello de Bóveda estase a manter grazas a pequenos recurtes e priorizando outros aspectos, tendo en conta sobre todo o tema dos servizos sociais e tamén o do ámbito cultural. “I é que á Casa da Cultura estáselle dando moita vida”, asegurou o alcalde.

“En resumo, recortamos naqueles gastos que non son prioritarios, en todos, e por outra parte mantemos ou non subimos o resto. Así, por exemplo recortouse en algunhas obras, apoiando especialmente aquelas para as que recibimos algún tipo de axuda, pero tamén recortamos nos consumos dos alumeados públicos grazas ao aforro enerxético, e que en varias zonas ainda temos que seguir traballando”. Foron así estes os principais ámbitos nos que se aplicaron medidas de aforro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

José Manuel Arias, alcalde de Bóveda (PP):»Unha reelección nunca está asegurada, teñen que xulgar os veciños»

Seguinte Nova

Animación sociocultural en todo o concello de Bóveda

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: