Remata o obradoiro de emprego en Sober

A Conselleira e o Alcalde de Sober nunha das zonas de traballo do obradoiro de emprego de Sober. CTB.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, foi a encargada de clausurar o obradoiro de emprego de Sober no que participaron 25 alumnos; unha iniciativa que contou cun financiamento da Xunta de 530.000 euros, orzamento que permitiu a formación destas persoas desempregadas e ao mesmo tempo a rehabilitación de cinco muíños no regato de Camilo, na conca do río Xábrega.

Beatriz Mato quixo sinalar que “os participantes nesta actuación non só teñen acceso a unha formación, senón que tamén dispoñen dun contrato de traballo que lles permite poñer en práctica os coñecementos a través da realización de obras e servizos de interese xeral”.

No Concello de Sober en concreto, a Consellería de Traballo e Benestar destinou máis de 670.000 euros para levar a cabo diversas actuacións. A titular de Traballo lembrou, ademais, que o Goberno galego está a investir entre 2010 e 2011 un total de 51,9 millóns de euros na posta en marcha de 70 accións mixtas de formación e emprego en toda a comunidade. Na actualidade, un total de 2.000 persoas estanse a beneficiar desta actuación. Por outra banda, ademais do obradoiro de emprego, Mato incidiu noutras accións postas en marcha pola Xunta en Sober para mellorar a empregabilidade, como son o desenvolvemento do Plan de Cooperación, o financiamento dun axente de emprego, un curso de formación para desempregados e unha acción de información, orientación e busca de emprego.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Receitas de cociña a partir das sobras

Seguinte Nova

David Álvarez Goyanes, candidato do PP en Brollón:»Tentarei retomar o proxecto do parque empresarial que deixara asinado coa Deputación”

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: